Categorías e participación
Quen pode participar na 10ª edición de Hazlo Verde?
Estudantes de 1º e 6º ciclo de Primaria, de 1º a 4º da ESO, Educación Especial e FP Básica.
- CATEGORÍA A- 1º e 2º de Primaria
- CATEGORÍA B- 3º e 4º de Primaria
- CATEGORÍA C- 5º e 6º de Primaria
- CATEGORÍA D- 1º a 4º da E.S.O. e F.P. Básica
Ed. Especial poderá participar na categoría que prefira o docente en función do nivel de maturidade e intelectual do seu alumnado, a condición de que os participantes teñan entre 6 e 16 anos.
Cal é o traballo de participación do Concurso?
Os alumnos poderán resolver unha serie de retos mensuais. O obxectivo dos retos mensuais é traballar a conciencia ecosocial dos alumnos e alumnas no seu papel como axentes de cambio para mellorar a súa contorna máis próxima, convidándoos a pasar á acción para convertérense en cidadáns e cidadás con espírito crítico e ecorresponsábel..
Os retos estarán adaptados a cada unha das categorías A, B, C e D, e poderase decidir en cales deles participar, adaptándose aos seus intereses.
Estes retos mensuais aliñaranse cos 3 grandes eixos desta edición:
Eficiencia enerxética e aforro de auga
A eficiencia enerxética e o aforro de auga son cruciais para o desenvolvemento de barrios sustentábeis. Adoptar estas prácticas non só reduce o impacto ambiental, senón que tamén mellora a calidade de vida dos residentes.
Segunda vida e economía circular:
A reciclaxe e a segunda vida de obxectos e materiais transforman a forma en que se consomen e xestionan os residuos. Estas prácticas non só reducen a cantidade de lixo que acaba nos vertedoiros, senón que tamén fomentan unha economía circular.
Saúde e benestar urbano:
A saúde e o benestar son o motor dun barrio sustentábel. Trátase de crear contornas, como os refuxios climáticos, ou mellorar outras contornas, como hortos urbanos, que fomenten un estilo de vida activo, a conexión social e a mellora da calidade de vida para todos os seus habitantes.
- Reto 1 - Eficiencia enerxética e aforro de auga
- Reto 2 - Segunda vida e economía circular
- Reto 3 - Eficiencia enerxética e aforro de auga
- Reto 4 - Saúde e benestar urbano
- Reto 5 - Saúde e benestar urbano
Como podo participar nos retos mensuais?
É moi sinxelo! Unicamente tes que te xuntar coa túa clase e ver cal pode ser a solución máis práctica e creativa para o reto mensual ao que vos estades enfrontando.
Presentade, como grupo-clase, unha idea ou proposta orixinal, realista e viable para conseguir dar solución ao reto de sustentabilidade exposto mes a mes.
Unha vez que teñades claro iso, só tedes que materializar esta idea, describíndoa e subíndoa á Área Privada.
Non te esquezas do noso escape room virtual!
Alén diso, teredes a oportunidade de participar no noso escape room dixital, que fará mergullar ao teu alumnado nunha experiencia inmersiva que combina vídeo, narrativa e resolución de problemas ambientais da contorna máis próxima.
O escape room estrutúrase como unha situación de aprendizaxe interactiva, que estuda a contorna dun barrio ficticio, pero con problemáticas reais e o seu impacto no ambiente, convertendo ao alumnado en protagonista da súa aprendizaxe, animándoo a procurar solucións que fagan dos seus barrios contornas sustentábeis e a reflexionar sobre como crear contornas mellores.