Preguntas Frecuentes
CONCURSO ESCOLAR HAZLO VERDE 10.ª EDICIÓN 2025/2026
QUEN PODEN PARTICIPAR?
No Concurso Escolar Hazlo Verde, poden participar todos os alumnos e alumnas dos centros educativos españois públicos, concertados e privados, escolarizados en Educación Primaria (de 1.º a 6.º curso), E.S.O (de 1.º a 4.º curso), FP Básica e Educación Especial.
Para iso, establecemos tres categorías de participación.
- CAT.A Clases de 1º e 2º curso de Primaria.
- CAT.B Clases de 3º e 4º curso de Primaria.
- CAT.C Clases de 5º e 6º curso de Primaria.
- CAT.D Clases de 1º a 4º curso de E.S.O. e FP Básica.
O Concurso contempla a participación de clases de Educación Especial, sempre que teñan entre 8 e 16 anos. Formarán parte da categoría que o/a docente de cada clase considere que se adecúa máis ao desenvolvemento maturativo e intelectual do seu alumnado.
No caso de que o Concurso observe discrepancias, poderá solicitar ao centro escolar un documento asinado pola dirección que acredite que a categoría de participación seleccionada se corresponde co nivel de madurez do alumnado participante.
COMO SON OS GRUPOS DE PARTICIPACIÓN?
Toda a clase participará formando un só grupo. Este ano, en lugar dun único traballo final, o Concurso desenvólvese en retos mensuais, centrados en distintos eixos de sustentabilidade:
- Eficiencia enerxética e aforro de auga
- Segunda vida e economía circular
- Saúde e benestar urbano
Cada reto expón unha situación real que afecta os barrios, e o alumnado deberá achegar solucións creativas para facer da súa contorna un lugar máis sustentábel. As clases poderán decidir participar nun, en varios ou en todos os retos.
PODEN OS ALUMNOS REXISTRARSE E PARTICIPAR POLA SÚA CONTA?
QUE TRABALLO EXTRA SUPÓN PARA O/A DOCENTE?
Este programa está integrado no currículo educativo, polo que non supón ningún traballo adicional. O material didáctico que facilitamos permite que cada educador/a desenvolva na aula, en función do seu tempo e posibilidades, os contidos e experiencias de aprendizaxe que considere oportunas para introducir aos seus alumnos e alumnas na temática do concurso e facilitar a súa posterior participación nos retos.
O grao de implicación na supervisión e axuda aos seus alumnos e alumnas no desenvolvemento dos retos será decisión de cada profesor ou profesora. O/A docente unicamente se compromete a explicar a dinámica ao alumnado e a subir as propostas na plataforma.
CAL É A VINCULACIÓN DO CONCURSO HAZLO VERDE COAS COMPETENCIAS CLAVE?
Este programa de sensibilización ambiental e os seus materiais didácticos desenvolvéronse en base ao Currículo e poden traballarse de forma específica nas seguintes materias.
Educación Primaria: Coñecemento do medio natural, social e cultural; Educación plástica e visual e Educación en valores cívicos e éticos.
Educación Secundaria: Bioloxía e Xeoloxía; Xeografía e Historia; Tecnoloxía e Dixitalización; Educación en valores cívicos e éticos, e Economía e emprendemento.
Con todo, se queres saber máis, podes consultar as competencias clave e a vinculación curricular completa no MARCO PEDAGÓXICO.
É OBRIGATORIO REALIZAR OS RETOS DO PROGRAMA?
Non é obrigatorio. As actividades do escape room e as propostas de retos están deseñadas para inspirar e motivar o alumnado. Podes adaptalas aos teus tempos e recursos, e serven como base para xerar ideas que despois se presentarán nos retos. As clases poderán decidir participar nun, en varios ou en todos os retos.
QUE TRABALLO SE PRESENTA NESTA EDICIÓN?
Cada clase pode participar en retos mensuais, presentados como situacións reais que afectan os barrios. As propostas deben ser ideas creativas e viábeis para facer a contorna máis sustentábel, relacionadas con:
- Eficiencia enerxética e aforro de auga
- Segunda vida e economía circular
- Saúde e benestar urbano
Cada reto inclúe unha narrativa motivadora para contextualizar o problema e unha pregunta clave que guiará a proposta.
Ao subir o reto, este deberá incluír:
- Título atractivo (máx. 140 caracteres)
- Explicación breve da idea (como funciona, por que é útil e que impacto ten).
COMO ENVIAMOS O RETO?
O envío realízase a través da Área Privada do Profesor na web:
- Accede á sección “Subir reto”.
- Escribe o título da proposta.
- Describe a idea no espazo indicado.
- Achega o documento que describe o teu reto, en formato pdf, word ou jpg, cun peso máximo de 2 MB.
- Fai clic en “Confirmar envío”.
Unha vez confirmado, non se poderá modificar. O sistema enviará un correo de confirmación.
PODEN OS ALUMNOS E ALUMNAS TRABALLAR DESDE CASA?
Por suposto. Tras a explicación inicial do/a docente, os alumnos e as alumnas poden traballar as súas ideas na casa, individualmente ou en grupos pequenos, para enriquecer a proposta da clase.
E SE TEMOS MÁIS DÚBIDAS SOBRE COMO FACER O TRABALLO OU CALQUERA OUTRA CUESTIÓN PEDAGÓXICA?
Non pasa nada. Podedes contactar connosco e axudarémosvos. Un equipo de profesionais resolverá as vosas dúbidas. Para iso, chamade ao 900 670 686 (teléfono gratuíto) ou ENCHEDE ESTE FORMULARIO.
Tamén podes consultarnos no número de Whatsapp 686 980 767.