Metodoloxía

Este programa escolar ten como misión traballar a educación ambiental para entender a necesidade de adoptar un consumo responsábel e hábitos sustentábeis dunha maneira divertida e innovadora, buscando a interacción do alumnado. As dinámicas están adaptados á LOMLOE, cun modelo de aprendizaxe activa e baseada en retos que se axustan ao currículo escolar.

Esta edición busca primeiro estudar ao contorna dun barrio ficticio (pero con problemáticas reais) e o seu impacto sobre o ambiente para, despois, desenvolver diversas accións que permitan e faciliten pequenos cambios na contorna na que vive o alumnado; animándoos a que participen na busca de solucións que fagan dos seus barrios contornas sustentábeis, e a reflexionar sobre como crear contornas mellores.

O obxectivo é traballar a conciencia ecosocial dos alumnos e alumnas, e o seu papel como axentes de cambio para mellorar a súa contorna máis próxima, convidándoos a pasar á acción para converterse en cidadáns e cidadás con espírito crítico e ecorresponsábel.

Alén diso, a proposta da 10.ª edición de Hazlo Verde é 100 % flexíbel e está deseñada para adaptarse ás diferentes formas de traballar de cada docente.