#greenfluencers

Necesitas inspiración para o teu traballo? Estes #greenfluencers xa están a cambiar o mundo coas súas ideas a través de redes sociais!

Bota unha ollada, seguro que se che acende a lámpada ecolóxica!

GRETA
THUNBERG

Esta activista sueca de 16 anos lidera a voz do cambio climático. Nomeada para o “Premio Nobel da Paz” e participante da Conferencia COP24 de Cambio Climático ONU.

A súa campaña #FridaysForFuture chegou a colexios de todo o mundo!

AUTUMN
PELTIER

Desde que aprendeu a ler, Autumn Peltier preocupouse pola protección da auga potable nas comunidades indíxenas de Canadá. É recoñecida mundialmente como a “guerreira da auga”. Con tan só 13 anos, dirixiuse aos líderes mundiais na Asemblea Xeral da ONU sobre a protección da auga.

CARISSA
CABRERA

Activista e Tiktoker. Esta xove bióloga mariña foi a creadora de varios vídeos que se fixeron mundialmente virais na canle ecoloxista EcoTok, de TikTok. Como ela mesma di “non é o cambio climático, é a crise climática” inspirando o mundo enteiro, coas súas creacións, a actuar por un planeta mellor.

HAVEN
COLEMAN

Activista polo clima. Fundadora da campaña #GiveAir, onde logrou recadar grandes cantidades de diñeiro para instalar purificadores de aire en zonas desfavorecidas. Tamén é cofundadora de US Youth Climate Strike, unha organización sen fins de lucro que se dedica a crear conciencia e esixir accións sobre a crise climática. Toda unha #greenfluencer!

HELENA
GUALINGA

Activista polos dereitos humanos e ambientalista. Con tan só 19 anos, esta defensora da Amazonia, o seu lugar de orixe, e dos dereitos dos pobos indíxenas que a habitan, logrou dar visibilidade mundial a esta causa a través dos seus perfís sociais, enfrontándose mesmo a grandes corporacións e participando en varios cumes do medio ambiente.

ALEXANDRIA
VILLASEÑOR

Esta xove activista californiana de 16 anos é fundadora de @EarthUprising, unha organización de divulgación e concienciación medioambiental que logrou estar presente en máis de 20 países. Co seu lema “Youth-led climate education” logrou converterse nunha líder ecoloxista do resto do mundo.

BOYAN
SLAT

Neerlandés de nacemento, inventor e emprendedor dunha empresa de tecnoloxía medioambiental, da que agora é CEO. Aos seus 16 anos creou a fundación The Ocean CleanUp, unha empresa dedicada a desenvolver avances tecnolóxicos cos que limpar o plástico dos océanos. A creatividade traspasa fronteiras!

PLANT FOR
THE PLANET

Nesta organización, os voluntarios encárganse de plantar árbores por todo o mundo para xerar osíxeno e capturar o C02. Ademais, no seu perfil de Instagram realizan labores de divulgación e sensibilización medioambiental sobre a importancia das plantas no medio ambiente. Xa levan miles de árbores plantadas!

Carlota Bruna

Española, ?? unha das influencers españolas máis comprometida en termos de coidado do ambiente e loita contra o maltrato animal. Ademais de compartir moitos contidos de sensibilización, tamén participa en accións reais como Marchas polo clima.

María Negro

Puxo en marcha numerosas iniciativas ao longo destes anos orientadas a apoiar o emprendemento social, por iso creou a consultora El hervidero de ideas; que incentiva un consumo máis responsable, para o que deseñou a plataforma Consume con coco —na que hai máis de 60 marcas responsables e éticas—; e ensina a levar unha vida máis consciente e sustentable, algo que decidiu mostrar no libro Cambia el mundo.

Mariana Matija

Colombiana, ilustradora- Coas súas ilustracións sensibilízanos sobre a importancia de cambiar o noso modo de consumo por un máis responsable, de cero residuos.