Valoración de traballos
Que valorará o xurado para seleccionar os finalistas?
-
Faino creativo e innovador
A orixinalidade da idea e a súa capacidade para achegar unha solución nova ou diferente a un problema de sustentabilidade do barrio.
-
Faino posíbel
Como de realista é a implementación da idea dentro dun contexto real e con recursos accesíbeis.
-
Faino inspirador
Como a proposta logra inspirar e animar a outros veciños para sumarse ao cambio, fomentando a participación cidadá.
-
Faino claro e ben explicado
A forma na que o equipo explicou a súa proposta, asegurando que sexa comprensíbel e ben argumentada.
(Aqueles traballos que non cumpran coas bases legais do concurso serán descartados.)