Obradoiros ambientais
A dinámica do obradoiro está dirixida ao alumnado de Educación Primaria inscrito no concurso (1º, 2º, 3º, 4º, 5º e 6º).
Nela achegarédesvos á sustentabilidade no fogar a través dun xogo no que teredes que cumprir unha misión: conseguir os 5 produtos ecodeseñados necesarios para reformar a casa de vacacións dos avós.
Por equipos e avanzando polo taboleiro teredes que superar os desafíos que vaian aparecendo para conseguir o voso obxectivo. E aínda hai moitas outras sorpresas!
Existen 3 niveis para o obradoiro, adaptados á idade dos participantes (alumnado de 1º-2º, 3º-4º ou de 5.º-6.º de Primaria), e dispoñíbeis en todas as linguas cooficiais, castelán e inglés.
Podes elixir dúas modalidades de obradoiros:
- Obradoiro en directo: Podes reservar un obradoiro presencial coa asistencia dunha das nosas persoas voluntarias ao voso centro. Prazas limitadas
- Obradoiro en liña: Se ningunha persoa voluntaria de Leroy Merlin pode acudir ao teu centro educativo, tes a posibilidade de solicitar un obradoiro en liña. O xogo desenvólvese a través dun Genial.ly, mais se non tedes acceso á Internet na aula, podedes imprimir os materiais necesarios para realizalo desde a vosa Área Privada.
Como me apunto?
Para apuntarte nos obradoiros, é necesario estar inscrito no programa de acción educativa cun grupo ou clase, polo menos. Se aínda non estás inscrito podes facelo aquí.
Posteriormente, desde a túa Área Privada, poderás apuntarte da seguinte maneira:
Seleccionando a modalidade que máis che interese.
-
Obradoiro en directo*:
Só tes que clicar en “Apuntarme ao obradoiro” e seleccionar o nº de grupos/clases para os que solicitas o obradoiro. Unha das nosas persoas voluntarias poñerase en contacto contigo para definir a data, hora e dinámica do obradoiro.*Os obradoiros en directo teñen un límite de prazas e só poderanse impartir naqueles centros educativos que teñan un establecemento Leroy Merlin a menos de 30 km.
-
Obradoiro en liña:
Terás dispoñíbel tanto o taboleiro de xogo como o documento de preguntas e respostas, ademais dun vídeo no que dúas persoas voluntarias de Leroy Merlin guiarante pola dinámica.