CONCURSO ESCOLAR FAINO VERDE

O grande obxectivo desta edición é que o alumnado achegue ideas para facer o seu barrio máis sustentábel, con propostas que non só melloren a súa contorna, senón que tamén inspiren a outras persoas para actuar.

O proxecto baséase nos seguintes elementos:

  1. Narrativa inmersiva e experiencial: Unha historia envolvente que converte o alumnado en protagonistas dunha misión, espertando a súa curiosidade e motivándoos a actuar desde o primeiro momento.
  2. Aprendizaxe cooperativa e experiencia inmersiva: un reto que se vive en equipo, fomentando o traballo conxunto, o pensamento crítico e a cocreación de solucións para facer a contorna máis sustentábel.
  3. Motivación durante todo o curso: Unha nova forma de participación que manterá o entusiasmo e a implicación do alumnado ao longo do ano.
  4. Impacto real: Máis que un programa, unha oportunidade para que as ideas do alumnado traspasen a aula e se convertan en accións concretas que transformen a súa contorna e a súa comunidade.

As propostas poderán centrarse en tres grandes eixos: eficiencia enerxética e aforro de auga, segunda vida e economía circular, e saúde e benestar urbano.

Apúntate