CONCURSO ESCOLAR FAINO VERDE

Quen pode participar no Concurso Escolar? Faino Verde Misión #SalvemosOsBosques?

CATEGORÍA A
Primaria ( 3º a 4º)
CATEGORÍA B
5º e 6º de Primaria
CATEGORÍA C
Secundaria (1º a 4º)

Participar no Concurso Escolar Faino Verde é moi fácil xa que se adapta á nova realidade educativa que xerou a COVID-19. O concurso está deseñado para que poida ser traballado de maneira flexible na aula ou a distancia, con grupos máis ou menos numerosos, segundo considere cada docente.

A inscrición é en liña e só require de tres pasos.

  1. Inscribe o teu centro escolar.
  2. Valida o grupo ou clase co que vas presentarte ao concurso.
  3. Accede á túa zona privada para traballar todos os recursos e información que ofrece o programa e sube o traballo da túa clase.

Ademais de promover a participación e interacción do alumnado, o concurso traballa competencias básicas que son clave para o alumnado. Tanto o deseño dos proxectos como os materiais están adaptados ao currículo escolar.

Podes inscribirte con estudantes de Educación Primaria (3º a 6º) ou Secundaria (1º a 4º).

O obxectivo do programa é sensibilizar ao alumnado sobre os ODS, a importancia que teñen os seus actos cotiáns no equilibrio do ecosistema, facelos partícipes da protección dos bosques naturais e crear consumidores responsables.