Metodoloxía

Marco pedagóxico

En Hazlo Verde, levamos 10 edicións retando os máis novos a asumir o seu papel de axentes de cambio para mellorar a súa contorna máis próxima, convidándoos a pasar á acción para converterse en cidadáns con espírito crítico e ecorresponsábel.

A base do programa escolar, nesta edición, busca primeiro estudar a contorna do seu barrio e o seu impacto sobre o ambiente para, despois, desenvolver diversas accións que permitan e faciliten pequenos cambios na súa contorna máis próxima.

Explorar solucións que impulsen a sustentabilidade e reflexionar sobre como mellorar o lugar onde vivimos permitirá ao alumnado dar forma a ideas cun impacto positivo e duradeiro. Neste desafío, eles e elas convértense en protagonistas do cambio.

O programa escolar pivota ao redor de tres eixos que aseguran a sustentabilidade das contornas: