Hazlo Verde 6 - De residuos a recursos

TALLERES DO CONCURSO ESCOLAR DE MEDIO AMBIENTE

Os talleres son unha gran ferramenta para transmitir ao teu alumnado hábitos respectuosos co medio ambiente, dunha maneira lúdica e baseada no aprendizaxe experiencial.

Podes elixir dúas modalidades de talleres:

  • Taller descargable: Poderás descargar un taller con todo o material necesario para realizalo cando queirades.
  • Taller en directo: Poderás anotarte a un taller en directo coa asistencia dun dos nosos voluntari@s ao voso centro. Prazas limitadas

Ademais, contamos con tres dinámicas de talleres, adaptadas ás diferentes idades e que poden ser elixidas segundo as necesidades de cada grupo.Descúbreas!

Taller dividido en tres bloques: Unha primeira parte de conceptos e valores sobre o Obxectivo de Desenvolvemento Sostible número 12: PRODUCIÓN E CONSUMO RESPONSABLE. Seguidamente lévase a cabo o desenvolvemento dunha actividade onde ensinamos a realizar un organizador de escritorio a partir de caixas de cartón.
Finalmente faise unha reflexión de todo o aprendido no taller.

Taller dividido en tres bloques: Unha primeira parte de conceptos e valores sobre o Obxectivo de Desenvolvemento Sostible número 12: PRODUCIÓN E CONSUMO RESPONSABLE. Seguidamente lévase a cabo o desenvolvemento dunha actividade onde ensinamos a realizar unha friameira, para o recreo, a partir dun tetrabrik.
Finalmente faise unha reflexión de todo o aprendido no taller.

Taller dividido en tres bloques: Unha primeira parte de conceptos e valores sobre o Obxectivo de Desenvolvemento Sostible número 12: PRODUCIÓN E CONSUMO RESPONSABLE. Seguidamente lévase a cabo o desenvolvemento dunha actividade onde ensinamos a realizar un soporte para recargar o móbil a partir dun envase de xampú ou xel, de plástico opaco ou transparente.
Finalmente faise unha reflexión de todo o aprendido no taller.

Como me anoto?

Primeiro debes saber que, para anotarte en ambas as modalidades, é necesario estar rexistrado primeiro no concurso escolar con polo menos un grupo ou clase. Se aínda non estás rexistrado podes facelo en tres sinxelos pasos facendo clic aquí.

Posteriormente desde a túa área privada poderás anotarte da seguinte maneira:

  • Seleccionando a modalidade que máis che interese.
    • Taller descargable:
      1. Indicando a dinámica que máis se axuste aos coñecementos do teu alumnado. Podes seleccionar ata dúas dinámicas diferentes!
      2. Unha vez seleccionadas, poderás descargar todo o material para realizar o taller cando queiras.
    • Taller presencial*:
      1. Só tes que facer clic en “Anotarme a taller”
      2. Un dos nosos voluntari@s poñerase en contacto contigo para definir a data, hora e dinámica do taller.
      * Esta modalidade de taller ten límite de prazas e só poderanse impartir naqueles centros educativos que teña unha tenda Leroy Merlin a menos de 30 km.

      Os voluntarios contactarán cos colexios para pechar os talleres desde mediados de outubro ata o 17 de decembro e estes serán impartidos desde o 10 de xaneiro ata o 15 de marzo.