Os principais obxectivos do programa son:
- Concienciar ao alumnado de que todos podemos actuar para sumar polo planeta, adoptando comportamentos de consumo responsable que aposten pola sustentabilidade dos recursos.
- Incidir na importancia de reutilizar e reparar, como pasos previos á reciclaxe, co fin de alongar a vida dos recursos e materiais.
- Achegar o concepto de consumo ecorresponsable a través de campañas de sensibilización creadas por e para a infancia e a mocidade.
- Achegar ás novas xeracións ao concepto de “economía circular” para que aprendan como podemos marcar a diferenza coas nosas actuacións diarias.
- Traballar os ODS dun modo lúdico. Con iso, conséguese a implicación do alumnado e a súa aprendizaxe significativa.
- Mellorar o pensamento creativo e o pensamento crítico, potenciando o traballo cooperativo cunha proposta adaptada a formatos afíns á súa xeración e, por tanto, máis motivadores para eles.
- Fortalecer a capacidade de liderado infantil e xuvenil en materia medioambiental a través da súa participación en campañas de sensibilización.
- Facelos partícipes do coidado do planeta fomentando a súa creatividade, imaxinación, capacidade de expresión artística, etc.
- Apoderar ao alumnado para que actúe desde o local para conseguir xuntos un cambio no global, cun modelo de aprendizaxe activa e competencial.