METODOLOXÍA DO PROGRAMA DE EDUCACIÓN PARA A REDUCIÓN DO CONSUMO DE PLÁSTICO

No noso programa de educación ambiental traballaremos 3 alicerces fundamentais.

Este programa de educación para a redución do consumo de plástico pódese traballar en Primaria: Ciencias Sociais, Educación Artística, Lingua e Ciencias da Natureza. Na E. S.O.: Tecnoloxía, Educación Plástica e Visual e Iniciación á Actividade Empresarial e Emprendedora.

Aprendizaxe por proxecto.
. Presentaranse dous proxectos. En Primaria, deseñarase a imaxe que vai estar impresa na nosa bolsa sostible e engadiráselle un lema inspirador.
En Secundaria, crearase o deseño ou o prototipo dun produto realizado con materiais reciclables ou ecolóxicos.

Desing Thinking.
Utilizaranse recursos didácticos baseados nesta innovadora metodoloxía que naceu na Universidade de Stanford en California, e que evolucionou ata converterse nunha sensacional ferramenta para analizar problemas e expor posibles solucións en calquera sector e situación.
1 Proceso en 5 Fases:
Empatizamos. Definimos. Ideamos. Prototipamos. Testamos.