Vinculación Curricular Secundaria
1) COMPETENCIAS CHAVE E DESCRITORES.
COMPETENCIA CIDADÁ
- CC2. Analiza (…) participando en actividades comunitarias, (…) o desenvolvemento sustentábel e o logro da cidadanía mundial.
- CC3. Comprende e analiza problemas éticos fundamentais e de actualidade, considerando criticamente os valores propios e alleos, e desenvolvendo xuízos propios para afrontar a controversia moral con actitude dialógante, argumentadora, respectuosa e oposta a calquera tipo de discriminación ou violencia.
- CC4. Comprende relacións sistémicas de interdependencia as , ecodependencia e interconexión entre actuacións locais e globais, e adopta, de forma consciente e motivada, un estilo de vida sustentábel e ecosocialmente responsábel.
COMPETENCIA EMPRENDEDORA
- CE1. Analiza necesidades e oportunidades e enfronta desafíos con sentido crítico, facendo balance da súa sustentabilidade, valorando o impacto que poidan supoñer na contorna, para presentar ideas e solucións innovadoras, éticas e sustentábeis, dirixidas a crear valor no ámbito persoal, social, educativo e profesional.
- CE3. Desenvolve o proceso de creación de ideas e solucións valiosas e toma decisións, de maneira razoada, utilizando estratexias áxiles de planificación e xestión, e reflexiona sobre o proceso realizado e o resultado obtido, para levar a termo o proceso de creación de prototipos innovadores e de valor, considerando a experiencia como unha oportunidade para aprender.
COMPETENCIA MATEMÁTICA E COMPETENCIA EN CIENCIA, TECNOLOXÍA E ENXEÑARÍA (STEM)
- STEM5. Emprende accións fundamentadas cientificamente para promover (…) e preservar o ambiente; e aplica principios de ética e seguridade na realización de proxectos para transformar a contorna próxima de forma sustentábel, valorando o seu impacto global e practicando o consumo responsábel.
2) PERFIL DE SAÍDA DO ALUMNADO
PERFIL DE SAÍDA DO ALUMNADO AO TERMO DO ENSINO BÁSICO
- Desenvolver unha actitude responsábel a partir da toma de conciencia da degradación do ambiente (…) baseada no coñecemento das causas que os provocan, agravan ou melloran, desde unha visión sistémica, tanto local como global
- Identificar os diferentes aspectos relacionados co consumo responsábel, valorando as súas repercusións sobre o ben individual e o común, xulgando criticamente as necesidades e os excesos.
- Desenvolver un espírito crítico, empático e proactivo para detectar situacións de inequidade e exclusión a partir da comprensión das causas complexas que as orixinan.
- Sentirse parte dun proxecto colectivo, tanto no ámbito local como no global, desenvolvendo empatía e xenerosidade.
- Desenvolver as habilidades que lle permitan seguir aprendendo ao longo da vida, desde a confianza no coñecemento como motor do desenvolvemento e a valoración crítica dos riscos e beneficios deste último.
3) ÁREAS CURRICULARES
TECNOLOXÍA E DIXITALIZACIÓN | |
---|---|
SABERES BÁSICOS Nalgún curso de 1º a 3º ESO. |
|
A. Proceso de resolución de problemas. | |
Estratexias, técnicas e marcos de resolución de problemas en diferentes contextos e as súas fases. Estratexias de procura crítica de información durante a investigación e definición de problemas expostos. |
|
Emprendemento, resiliencia, perseveranza e creatividade para abordar problemas desde unha perspectiva interdisciplinar. | |
E. Tecnoloxía sustentábel. | |
Tecnoloxía sustentábel. Valoración crítica da contribución á consecución dos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentábel. |
XEOGRAFÍA E HISTORIA | |
---|---|
SABERES BÁSICOS 1º e 2º ESO. |
|
A. Desafíos do mundo actual. | |
Emerxencia climática: elementos e factores que condicionan o clima e o impacto das actividades humanas. | |
Obxectivos de Desenvolvemento Sustentábel. A visión dos dilemas do mundo actual, punto de partida para o pensamento crítico e o desenvolvemento de xuízos propios. | |
C. Compromiso cívico | |
Interese cara os desafíos e problemas de actualidade na contorna local e global. |
EDUCACIÓN EN VALORES CÍVICOS E SOCIAIS | |
---|---|
SABERES BÁSICOS Nalgún curso de 1º a 4º ESO. |
|
C. Sustentabilidade e ética ambiental. | |
Interdependencia, interconexión e ecodependencia entre as nosas formas de vida e a contorna. O local e o global. | |
Os límites do planeta e o esgotamento dos recursos. A pegada ecolóxica das accións humanas. A emerxencia climática. | |
Diversas propostas éticas, científicas e políticas arredor dos problemas ecosociais. A ética ambiental. Os Obxectivos de Desenvolvemento Sustentábel. A economía circular. | |
Estilos de vida sustentábel: a prevención dos residuos e a xestión sustentábel dos recursos. A mobilidade segura, saudábel e sustentábel. O consumo responsábel. Comunidades resilientes e en transición. |
EDUCACIÓN PLÁSTICA, VISUAL E AUDIOVISUAL | |
---|---|
SABERES BÁSICOS de 1º a 3º curso |
|
D. Imaxe e comunicación visual e audiovisual. | |
A linguaxe e a comunicación visual. Finalidades: informativa, comunicativa, expresiva e estética. Contextos e funcións. | |
Técnicas básicas para a realización de producións audiovisuais sinxelas, de forma individual ou en grupo |
Nos cursos de 4º da ESO
TECNOLOXÍA | |
---|---|
SABERES BÁSICOS 4º ESO. |
|
A. Proceso de resolución de problemas. | |
1. Estratexias e técnicas | Estratexias de xestión de proxectos colaborativos e técnicas de resolución de problemas iterativos. |
Estudo de necesidades do centro, locais, rexionais, etc. Formulación de proxectos colaborativos ou cooperativos. | |
Emprendemento, perseveranza e creatividade na resolución de problemas desde unha perspectiva interdisciplinar da actividade tecnolóxica e satisfacción e interese polo traballo e a calidade do mesmo. | |
D. Tecnoloxía sustentábel. | |
Arquitectura bioclimática e sustentábel. Aforro enerxético en edificios | |
Comunidades abertas, voluntariado tecnolóxico e proxectos de servizo á comunidade. |
ECONOMÍA E EMPRENDEMENTO | |
---|---|
SABERES BÁSICOS 4º ESO. |
|
B. A contorna como fonte de ideas e oportunidades. | |
A pegada ecolóxica e a economía circular. . Os Obxectivos de Desenvolvemento Sustentábel (ODS) e o desenvolvemento local. |
|
A visión emprendedora. | |
D. A realización do proxecto emprendedor | |
O reto ou desafío como obxectivo. |
XEOGRAFÍA E HISTORIA | |
---|---|
SABERES BÁSICOS 3º e 4º ESO. |
|
A. Desafíos do mundo actual. | |
Obxectivos de Desenvolvemento Sustentábel. Emerxencia climática e sustentabilidade. Relación entre factores naturais e antrópicos na Terra. Os avances tecnolóxicos e a conciencia ecosocial. |
|
C. Compromiso cívico local e global. | |
Responsabilidade ecosocial. Compromiso e acción perante os Obxectivos do Desenvolvemento Sustentábel. A xuventude como axente de cambio para o desenvolvemento sustentábel. |
EXPRESIÓN ARTÍSTICA | |
---|---|
SABERES BÁSICOS 4º curso da ESO. |
|
A. Técnicas gráfico-plásticas | |
A arte da reciclaxe. O consumo responsábel. Produtos ecolóxicos, sustentábeis e innovadores na práctica artística. Arte e natureza. | |
Seguridade, toxicidade e impacto ambiental dos diferentes materiais artísticos. Prevención e xestión responsábel dos residuos. | |
B. Fotografía, linguaxe visual, audiovisual e multimedia | |
Seguridade, toxicidade e impacto ambiental dos diferentes materiais artísticos. Prevención e xestión responsábel dos residuos. | |
Narrativa audiovisual: fotograma, secuencia, escena, toma, plano e montaxe. O guion e o storyboard. | |
O proceso de creación. Realización e seguimento: proxecto, presentación final e avaliación (autorreflexión, autoavaliación e avaliación colectiva). |