Vinculación Curricular Primaria
1) COMPETENCIAS CHAVE E DESCRITORES.
COMPETENCIA CIDADÁ
- CC2. Analiza (…) participando en actividades comunitarias, (…) o desenvolvemento sustentábel e o logro da cidadanía mundial.
- CC3. Comprende e analiza problemas éticos fundamentais e de actualidade, considerando criticamente os valores propios e alleos, e desenvolvendo xuízos propios para afrontar a controversia moral con actitude dialógante, argumentadora, respectuosa e oposta a calquera tipo de discriminación ou violencia.
- CC4. Comprende relacións sistémicas de interdependencia as , ecodependencia e interconexión entre actuacións locais e globais, e adopta, de forma consciente e motivada, un estilo de vida sustentábel e ecosocialmente responsábel.
COMPETENCIA EMPRENDEDORA
- CE1. Analiza necesidades e oportunidades e enfronta desafíos con sentido crítico, facendo balance da súa sustentabilidade, valorando o impacto que poidan supoñer na contorna, para presentar ideas e solucións innovadoras, éticas e sustentábeis, dirixidas a crear valor no ámbito persoal, social, educativo e profesional.
- CE3. Desenvolve o proceso de creación de ideas e solucións valiosas e toma decisións, de maneira razoada, utilizando estratexias áxiles de planificación e xestión, e reflexiona sobre o proceso realizado e o resultado obtido, para levar a termo o proceso de creación de prototipos innovadores e de valor, considerando a experiencia como unha oportunidade para aprender.
COMPETENCIA MATEMÁTICA E COMPETENCIA EN CIENCIA, TECNOLOXÍA E ENXEÑARÍA (STEM)
- STEM5. Emprende accións fundamentadas cientificamente para promover (…) e preservar o ambiente; e aplica principios de ética e seguridade na realización de proxectos para transformar a contorna próxima de forma sustentábel, valorando o seu impacto global e practicando o consumo responsábel.
2) PERFIL DE SAÍDA DO ALUMNADO
PERFIL DE SAÍDA DO ALUMNADO AO TERMO DO ENSINO BÁSICO
- Desenvolver unha actitude responsábel a partir da toma de conciencia da degradación do ambiente (…) baseada no coñecemento das causas que os provocan, agravan ou melloran, desde unha visión sistémica, tanto local como global
- Identificar os diferentes aspectos relacionados co consumo responsábel, valorando as súas repercusións sobre o ben individual e o común, xulgando criticamente as necesidades e os excesos.
- Desenvolver un espírito crítico, empático e proactivo para detectar situacións de inequidade e exclusión a partir da comprensión das causas complexas que as orixinan.
- Sentirse parte dun proxecto colectivo, tanto no ámbito local como no global, desenvolvendo empatía e xenerosidade.
- Desenvolver as habilidades que lle permitan seguir aprendendo ao longo da vida, desde a confianza no coñecemento como motor do desenvolvemento e a valoración crítica dos riscos e beneficios deste último.
3) ÁREAS CURRICULARES
COÑECEMENTO DO MEDIO NATURAL, SOCIAL E CULTURAL | |
---|---|
SABERES BÁSICOS 1º CICLO |
|
C. A. Cultura científica. 1. Iniciación na actividade científica. |
|
Procedementos de pescuda adecuados ás necesidades da investigación (observación no tempo, identificación e clasificación, procura de patróns...). | |
A curiosidade e a iniciativa na realización das diferentes investigacións. | |
Estilos de vida sustentábel e importancia do coidado do planeta a través do coñecemento científico presente na vida cotiá. | |
2. A vida no noso planeta. | |
Hábitos saudábeis relacionados co benestar físico do ser humano. | |
4. Conciencia ecosocial. | |
Responsabilidade ecosocial. Accións para a conservación, mellora e uso sustentábel dos bens comúns. | |
Estilos de vida sustentábel. O uso responsábel da auga, a mobilidade segura, saudábel e sustentábel, e a prevención e a xestión dos residuos. |
COÑECEMENTO DO MEDIO NATURAL, SOCIAL E CULTURAL | |
---|---|
Saberes básicos | |
2º CICLO | 3º CICLO |
A. Cultura científica | |
1. Iniciación na actividade científica. | |
Procedementos de pescuda adecuados ás necesidades da investigación (observación no tempo, identificación e clasificación, procura de patróns, creación de modelos, investigación a través da procura de información, experimentos con control de variábeis...). | Fases da investigación científica (observación, formulación de preguntas e predicións, planificación e realización de experimentos, recollida e análises de información e datos, comunicación de resultados...). |
Fomento da curiosidade, a iniciativa e a constancia na realización das diferentes investigacións. | Fomento da curiosidade, a iniciativa, a constancia e o sentido da responsabilidade na realización das diferentes investigacións. |
3. Materia, forzas e enerxía. | |
As fontes de enerxías renovábeis e non renovábeis e a súa influencia na contribución ao desenvolvemento sustentábel da sociedade. | |
C. Sociedades e territorios | |
4. Conciencia ecosocial. | |
Responsabilidade ecosocial. Ecodependencia e interdependencia entre persoas, sociedades e medio natural. |
Responsabilidade ecosocial. Ecodependencia, interdependencia e interrelación entre persoas, sociedades e medio natural. |
Estilos de vida sustentábel. O consumo e a produción responsábeis, o uso eficiente da auga e da enerxía e a prevención e a xestión dos residuos. | O desenvolvemento sustentábel. A actividade humana sobre o espazo e a explotación dos recursos. Os Obxectivos de Desenvolvemento Sustentábel.. |
O desenvolvemento sustentábel. A actividade humana sobre o espazo e a explotación dos recursos. Os Obxectivos de Desenvolvemento Sustentábel. |
EDUCACIÓN ARTÍSTICA | |
---|---|
Saberes básicos | |
1º, 2º e 3º CICLO | |
B. Creación e interpretación. | |
Fases do proceso creativo: planificación, interpretación e experimentación. | |
Interese e valoración tanto polo proceso como polo produto final en producións plásticas e audiovisuais. | |
C. Artes plásticas, visuais e audiovisuais. | |
Materiais, instrumentos, soportes e técnicas de uso común utilizados na expresión plástica e visual. |
EDUCACIÓN EN VALORES CÍVICOS E ÉTICOS | |
---|---|
SABERES BÁSICOS SÓ 3ºCICLO |
|
C. Desenvolvemento sustentábel e ética ambiental. | |
A acción humana na natureza. Ecosistemas e sociedades: interdependencia, ecodependencia e interrelación . |
|
Os límites do planeta e o cambio climático. | |
O deber ético e a obrigación legal de protexer e coidar o planeta. | |
Hábitos e actividades para o logro dos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentábel. O consumo responsábel. O uso sustentábel do solo, do aire, da auga e da enerxía. A mobilidade segura, saudábel e sustentábel. A prevención e xestión de residuos. |