Traballo de participación
QUE TEMOS QUE PRESENTAR?
- Categorías A, B e C: un cartel creativo cunha mensaxe ou lema que motive ao resto de nenos e nenas do centro educativo a transformar a súa clase nunha aula sustentábel.
- Categoría D: un vídeo de tipo reel de Instagram ou TikTok, cunha mensaxe con gancho que motive ao resto de escolares do instituto para transformar a súa aula nunha aula sustentábel.
Pensade en todos os termos, as frases ou os xogos de palabras cos que podedes convencer ao resto da comunidade educativa de que hai que ser máis sustentábel.
Tende en conta os 5 factores que promoven unha aula sustentábel e comparádeos coa vosa aula: redución e optimización da auga / enerxía eficiente / autoconsumo e enerxías renovábeis / economía circular / saúde e ambiente.
Estes son os criterios de valoración que aplicará o xurado para avaliar todas as propostas presentadas. Se os tedes en conta, é posíbel que o voso traballo obteña unha mellor valoración.
- FAINO SUSTENTÁBEL E ECODESEÑADO: Valorarase a claridade e efectividade da mensaxe na pancarta/vídeo para promover prácticas sustentábeis na aula. A pancarta/vídeo debe reflectir un ou varios dos cinco eixos de sustentabilidade: redución e optimización da auga, eficiencia enerxética, autoconsumo e enerxías renovábeis, economía circular, e saúde e ambiente.
- FAINO CREATIVO: Valorarase a orixinalidade e creatividade do deseño e a mensaxe da pancarta/vídeo. Consideraranse aquelas propostas que presenten ideas innovadoras e capten a atención dos alumnos de maneira efectiva, convertendo a pancarta/vídeo nun elemento atractivo e persuasivo.
- FAINO CON CALIDADE: Valorarase o coidado na execución da pancarta/vídeo, a claridade da mensaxe e a coherencia visual do deseño. Alén diso, avaliarase a calidade do material utilizado e a presentación xeral do traballo.
- FAINO CON IMPACTO: Valorarase a capacidade da pancarta para influír e motivar a outros alumnos, alumnas e membros da comunidade educativa a adoptar prácticas sustentábeis. Considerarase o potencial da mensaxe para transcender a aula e chegar a un público máis amplo dentro do centro educativo.