Material didáctico

Chaves dunha aula sustentábel

O obxectivo dunha aula sustentábel é aforrar o máximo de enerxía posible, minimizar o impacto no ambiente, e fomentar a circularidade de todos os materiais e recursos que se usan a diario para estudar e aprender.

As aulas sustentábeis buscan, a través dos 5 eixos, conseguir solucións máis beneficiosas para o planeta e que estas redunden no benestar das e os escolares.

Á hora de planificar os espazos da aula hai que reflexionar sobre os materiais que se necesitan a diario, os residuos que se xeran ao longo da xornada, en maximizar a enerxía que se usa: lámpadas, proxector, ordenadores, etc. dar mostras de consumo responsábel, etc. á vez que se adapta aos novos tempos e ás novas metodoloxías activas que poñen ao alumnado no centro da súa aprendizaxe.

Os 5 eixos dunha aula sustentábel

A continuación, pasamos a ver con máis detalle cada un destes 5 eixos que nos ofrecen chaves que ter en conta para converter a nosa aula nunha aula sustentábel:

1. REDUCIÓN E OPTIMIZACIÓN DA AUGA

A auga é un recurso escaso que hai que coidar e que non se pode malgastar, pois non é renovábel como tal, xa que o planeta só ten un 2,5 % aproximado de auga doce fronte ao 97,5 % de auga salgada correspondente aos océanos.

Para facer fronte ao cambio climático e garantir un consumo racional de todos os recursos empregados a diario, debemos economizar e optimizar os usos que damos á auga e aos distintos materiais e recursos empregados a diario nas aulas:

Se queres seguir aprendendo:

Pensade nos comportamentos que se poden adoptar para facer un uso responsábel da auga.

Que poderiamos facer para promover o aforro da auga?

Na nosa aula, axudamos a reducir a auga das cisternas de WC.

  1. Contade o número de cisternas que hai no voso centro e encargádevos de traer, de casa, dúas botellas de plástico de 0,5 litros por cada unha das cisternas que hai nos aseos
  2. Enchede as dúas botellas de plástico de 0,5 litros con auga e introducídeas dentro de cada cisterna. Podedes pedir axuda ao encargado de mantemento do colexio, ou encargarvos vós de facelo despois de que vos ensinaran como facelo
  3. E so sería todo! Con ese simple xesto, aforraredes entre 2 e 4 litros por cada descarga.

2. ENERXÍA EFICIENTE

Unha enerxía eficiente é aquela que fornece sen desaproveitar o seu potencial, é dicir, a que obtén os mellores resultados empregando a menor cantidade posíbel de enerxía.

Para asegurar a eficiencia das enerxías utilizadas na aula, debemos pensar en maximizalas, por iso é polo que o illamento e a climatización sexan factores importantes ligados á eficiencia enerxética.

Un bo illamento é o primeiro paso para ter unha aula eficiente, que pode comportar ata un 30 % de aforro en calefacción e aire acondicionado.

Se queres seguir aprendendo:

Pensade como podedes aforrar electricidade (priorizar a luz natural, apagar os enchufes cando non se utilicen, poñer carteis de aviso, etc.)

Que poderiamos facer para promover unha enerxía eficiente?

Na nosa aula, axudamos a reducir o consumo eléctrico.

  1. Localizade as correntes de aire que hai nas aulas, corredores e outros espazos do colexio. Estas correntes fan que se gaste máis enerxía ao ser fugas de illamento: escápase a calor / o frío de dentro e cóase a calor/o frío de fóra
  2. Esas correntes poden vir das xuntas das xanelas e as portas. Asegurádevos do seu estado: se están mal tapados, non pechan ben, etc.
  3. Unha vez localizados os buracos ou as fugas, podedes avisar ao encargado de mantemento que os tape, ou facelo vós coa súa axuda. Con ese simple xesto, pódese aforrar preto do 30 % da enerxía usada en calefacción e/o aire acondicionado.

3. AUTOCONSUMO E ENERXÍAS RENOVÁBEIS

O sol e o vento proporcionan enerxía limpa, ecolóxica, gratuíta e, sobre todo,inesgotábel. Por cada kW de enerxía eléctrica producida con paneis solares ou aeroxeradores, afórranse 800 kg de emisións de dióxido de carbono ao ano.

Xerar enerxía en forma de autoconsumo, sen apenas danar a contorna e reducindo as emisións contaminantes, é outro factor para ter en conta á hora de deseñar unha aula o un colexio sustentábel.

Ao optar polo autoconsumo xerado polas enerxías renovábeis, lograrase, por un lado,reducir o uso de combustíbeis fósiles a emisión de gases contaminantes e a pegada ambiental, e polo outro, contribúese ao desenvolvemento sustentábel.

Se queres seguir aprendendo:

Imaxinade algunhas opcións de enerxía renovable que se poderían aplicar no colexio.

  1. Contactade con institucións públicas como o concello para coñecer se hai algunha iniciativa dese tipo, ou con fornecedores de placas solares ou aeroxeradores para a súa instalación no centro educativo.

4. ECONOMÍA CIRCULAR

A economía circular é un modelo de produción e consumo que implica compartir, reutilizar, reparar, renovar e reciclartodo o que se usa, emprega e gasta no día a día, sendo tamén aplicábel na contorna escolar.

Unha das súas chaves é alongar a vida útil dos materiais escolares que cada familia adquire ao comezo do curso (cadernos, follas, lapis e rotuladores, etc.) e considerar os seus residuos como novos recursos para que poidan incorporarse de novo como material para manualidades, facer exercicios, etc.

Por outro lado, non debemos esquecer os residuos que se xeran na aula (papel, restos de lapis, etc.) e os residuos orgánicos xerados no momento do recreo ou do comedor. Reciclar estes restos e convertelos en abono para enriquecer o chan do horto escolar é un bo exemplo de circularidade.

Calcúlase que, en 2050, poderíase necesitar o equivalente a case tres planetas para proporcionar os recursos naturais necesarios para manter os estilos de vida actuais.

Se queres seguir aprendendo:

Pensade na cantidade de materiais que se usan a diario (cadernos, lapis, material escolar, etc.) co gasto que implican e imaxinade como se poderían aproveitar para gastar menos, ou en como se poden reciclar os residuos do colexio (punto limpo, composteira, contedores de cores)

Que poderiamos facer para promover unha economía circular?

  1. Seleccionade diversos materiais escolares, obxectos e outros materiais que van pasar a ser residuos, como, por exemplo, tapas de cadernos, rotuladores baleiros, caixas de cartón, etc.
  2. Situádevos formando un gran círculo e ide pasando o obxecto ou material, de maneira que vaia rotando de man en man.
  3. Segundo chéguevos o obxecto ou o material, tedes 20 segundos para darlle un novo uso. Desa forma, estaredes a alongar a súa vida útil e seguindo os pasos dunha economía circular, reusando e reciclando.

5. SAÚDE E AMBIENTE: XESTIÓN DE RESIDUOS, CONSUMO RESPONSÁBEL

A temperatura ambiente, o ambiente ou o interior das aulas teñen un gran envolvemento nobenestar e na saúde dos e as escolares, xa que repercuten na concentración e a súa predisposición ao estudo, polo que existe unha relación entrerendemento escolar e comodidade na aula.

Se queres seguir aprendendo:

Artigos sobre rendemento académico e clima da aula:

Pensade en como poderiades fomentar a reciclaxe na escola.

Que poderiamos facer para promover a xestión de residuos?

Na nosa aula, axudamos a reaproveitar os materiais escolares..

  • Exponde á comunidade educativa a posibilidade de montar un mercadiño onde trocar o material escolar.
  • Xuntade libros de texto, de lectura, material de manualidades, etc. do alumnado.
  • Organizade o mercadiño de forma periódica no patio de recreo para fomentar a troca de obxectos e outros materiais, alongando así o seu ciclo de vida.