Material didáctico

Por que pensar nunha aula sustentábel?

Hoxe día, temos a chave para repensar os espazos do colexio, adaptándoos aosdesafíos que nos presenta o S.XXI: o cambio climático, a sustentabilidade dos recursos empregados, a eficiencia enerxética ou a circularidade dos materiais e os residuos.

Sumadas a estas razóns ambientais, o colexio do mañá debe deseñarse tendo en conta as novas metodoloxías e ensinos activos, que requiren de novos espazos flexíbeis , para que os alumnos e alumnas desenvólvanse con creatividade e autonomía.

Mais, alén diso, o colexio debe ser o lugar onde se promovan as actitudes que consoliden un estilo de vida sustentábel.

É o espazo onde se poñen en práctica actitudes responsábeis co ambiente: desde aprender a clasificar os residuos por medio das papeleiras de cores, como onde se adoptan medidas para o aforro dos recursos, onde se celebran os Días Mundiais do ambiente, etc. que fan do colexio o mellor lugar para poñer en marcha estilos de vida saudábeis e sustentábeis, e convertendo aos escolares en auténticos axentes de cambio.

Por exemplo, pensemos no patio de recreo…

E se tivésemos unha composteira para reciclar todos os residuos orgánicos que se xeran a diario?

Se a tivésemos, poderiamos obter abono para enriquecer o chan do horto escolar, e dese xeito, cultivar froitas e verduras para o comedor escolar.

Desta forma, fomentariamos a circularidade no centro!

PERO… QUE É UNHA AULA SUSTENTÁBEL

Unha aula sustentábel é aquela que se deseñou seguindo uns criterios respectuosos co ambiente e coas persoas.

Se queres seguir aprendendo: