Poñemos á túa disposición o material didáctico, en todos os idiomas cooficiais, para facilitar e inspirar a vosa participación no Concurso.
Porque un fogar non nace, un fogar faise, os nenos e nenas de hoxe serán quen habiten as casas do mañá.
Para coidar o planeta, non fai falta ir moi lonxe. Podemos empezar desde o máis próximo, desde a nosa propia casa. Desde aí podemos aforrar auga, enerxía, reciclar… e moitas cousas máis para un futuro sustentábel.
Por iso, nesta edición do programa de acción educativa, pedímosvos que reflexionedes sobre como deben de ser os fogares do mañá, redeseñando os espazos dunha casa e buscando solucións habitacionais como o emprego de materiais ecolóxicos, enerxías renovábeis, xestión eficiente da auga, etc.
Estes son os 5 eixos que promoven unha casa sustentábel:
MODELO PPT: O alumnado terá a oportunidade de plasmar, nun modelo Power Point dispoñíbel na Área Privada do profesor, as súas ideas para converter unha das estancias do fogar elixida nun espazo sustentábel, digno dunha casa sustentábel.