HAZLO VERDE. MISIÓN #PlasticFree.

Vega

Sabías que o noso país é o 2º en Europa que máis plástico verte no Mediterráneo? O plástico ten compoñentes que o planeta non pode dixerir.

Queremos facer conscientes aos máis pequenos da situación global e convidalos a minimizar o impacto do plástico na súa escola, na súa casa, na súa contorna e máis aló. Como? Reducindo o seu uso e profundando en conceptos como o ecodeseño e a economía circular.

Como o imos conseguir? Coa túa participación e a dos teus alumnos e alumnas na 4ª edición do Concurso escolar “Hazlo verde” cuxo lema este ano é: “Misión #PlasticFree”, dirixida a Primaria (de 3º a 6º curso) e este ano como novidade tamén ao alumnado da E.S.O. (de 1º a 4º curso).

Farémolo a través dun programa de sensibilización ambiental no que se presentarán dous proxectos moi orixinais.

En Primaria, deseñar a imaxe que estará impresa na nosa bolsa sostible e engadirlle un lema inspirador.
Na E.S.O., crear o prototipo dun produto realizado con materiais reciclables ou ecolóxicos.

El Movimiento ha comenzado, ¿te unes?