AVISO LEGAL, POLÍTICA DE PRIVACIDADE E POLÍTICA DE COOKIES

1. Obxecto e ámbito de aplicación

Este documento constitúese como o aviso legal e as condicións de uso (o «Aviso legal») que regulan o acceso, a navegación e o uso da web titularidade de LEROY MERLIN ESPAÑA, S.L.U. («LEROY MERLIN») localizada na URL www.hazloverde.es (o «Sitio web»).
O Sitio web deseñouse para dar a coñecer os contidos e actividades ofertados por LEROY MERLIN relacionados coa sostibilidade medioambiental, así como permitir o acceso a eles e a súa utilización.
O acceso, a navegación e o uso do Sitio web quedan suxeitos ao cumprimento do presente Aviso legal, que o usuario declara coñecer e aceptar expresa e integramente, dende o mesmo momento en que accede ao Sitio web, instante no que adquire igualmente a condición de usuario del. A estes efectos, enténdese por «Usuario» (ou en plural «Usuarios») toda persoa que acceda aos contidos e actividades desenvolvidos no Sitio web, os empregue ou participe neles.
Sen prexuízo do anterior, é posible que para acceder a determinados contidos e actividades o Usuario deba aceptar condicións particulares de carácter específico, que complementen, substitúan ou deixen sen efecto, parcial ou totalmente, o Aviso legal, e que o Usuario declara igualmente coñecer e aceptar expresamente, nos mesmos termos regulados no parágrafo precedente.
Consecuentemente con todo o anterior, se non estás de acordo cos termos aquí expostos, non accedas ao Sitio web, navegues por el nin o utilices.

2. Datos identificadores

LEROY MERLIN ESPAÑA, S.L.U.
Avda. de la Vega 2, 28108, Alcobendas, Madrid
N.I.F. n.º: B-84818442
Constituída o 7 de setembro de 2006 ante o notario de Madrid D. Javier Piera Rodríguez, número 1678 do seu protocolo, e inscrita no Rexistro Mercantil de Madrid en data 18 de setembro de 2006 ao Tomo 23 168, Libro 0, Folio 60, Sección 8, Folla M-415204, Inscrición 1ª.
Enderezo de correo electrónico: info@hazloverde.es
Teléfono: 900.813.344

3. Duración

O Aviso legal, coa redacción que presente en cada momento, ten unha duración indefinida e permanecerá en vigor mentres o Sitio web continúe activo.
Do mesmo xeito, o acceso e a utilización do Sitio web e dos recursos que este ofrece teñen en principio unha duración indefinida, se ben LEROY MERLIN reserva o dereito de suspender ou cancelar, de forma unilateral e en calquera momento, o acceso ao Sitio web ou a algunha das súas partes ou recursos sen necesidade de aviso previo.

4. Réxime de modificacións

LEROY MERLIN reserva o dereito de modificar unilateralmente, en calquera momento e sen aviso previo o Aviso legal; a configuración, presentación e deseño do Sitio web ou de calquera dos elementos que o integran; as informacións, xerais ou especializadas, e os contidos subministrados; e en xeral calquera outra circunstancia non designada expresamente, o que inclúe a cancelación do Sitio web ou dalgún dos seus elementos. Todo acceso realizado polo Usuario con posterioridade á implantación de calquera das referidas modificacións no Sitio web suporá a aceptación incondicional das modificacións por parte do Usuario.
Así mesmo, co gallo de garantir o correcto funcionamento do Sitio web, LEROY MERLIN reserva o dereito de suspender temporalmente e sen necesidade de aviso previo aos Usuarios a accesibilidade ao Sitio web no caso de efectuar operacións de mantemento, reparación, actualización ou mellora dos servizos, informacións e contidos, así como de modificar ou actualizar as condicións de acceso do devandito Sitio web. LEROY MERLIN tamén reserva o dereito de establecer límites sobre o uso e o almacenamento segundo o seu criterio exclusivo, en calquera momento e sen preaviso.
Ademais do anterior, LEROY MERLIN reserva igualmente o dereito de deixar sen efecto, parcial o totalmente, de xeito unilateral e en calquera momento, a gratuidade do acceso ao Sitio web ou da utilización de informacións e contidos propiedade de LEROY MERLIN. Neste caso, informará desta circunstancia aos Usuarios na páxina principal do Sitio web con antelación abonda.

5. Acceso e uso

5.1 Acceso
O acceso aos contidos e actividades proporcionados polo Sitio web ten carácter gratuíto.
O acceso xeral ao Sitio web non está condicionado ao rexistro previo do Usuario. Non obstante, para acceder a determinados contidos e actividades será necesario un rexistro previo, que consiste en encher o correspondente formulario para que se xeren un nome de usuario e un contrasinal de acceso.
O contrasinal xerado deste xeito ten carácter confidencial, persoal e intransferible. Polo tanto, o Usuario debe empregalo coa debida dilixencia, conservándoo de xeito seguro, para que non sexa posible a súa utilización por parte de terceiros, con independencia da relación que o Usuario manteña con eles, xa que non está autorizada a súa cesión. LEROY MERLIN non pode responsabilizarse nin se responsabilizará de calquera perda ou dano derivado do incumprimento dos requisitos anteriores.
Consecuentemente, o Usuario debe comunicar de inmediato a LEROY MERLIN tanto o extravío do seu contrasinal, con independencia do motivo, como calquera perigo ou menoscabo que afecte á confidencialidade deste, e se non o fai, responderá de calquera dano ou prexuízo causado mediante accesos verificados con el.
Queda expresamente prohibido o acceso aos contidos e actividades que precisen de rexistro previo por parte de menores de idade sen o consentimento expreso e a supervisión dos seus proxenitores ou titores legais.
5.2 Uso
O Usuario está obrigado a utilizar o Sitio web respectando e observando estritamente o Aviso legal, así como as condicións particulares que se poidan establecer eventualmente, ademais da lei, o costume e a orde pública.
En consecuencia, o Usuario, a título unicamente enunciativo e non limitativo, está obrigado a:

  1. Non utilizar o Sitio web nin facer uso dos elementos, informacións, contidos e actividades que o integran vulnerando o Aviso legal ou as condicións particulares eventuais, ou infrinxindo a lei, os bos costumes aceptados xeralmente ou a orde pública.
  2. Non lesionar co devandito uso os dereitos de calquera tipo que correspondan a terceiros.
  3. Non levar a cabo actos que limiten ou impidan o acceso e a utilización do Sitio web en condicións axeitadas por parte do resto dos Usuarios.
  4. Non acceder ilicitamente ao Sitio web nin a sistemas informáticos de terceiros, nin difundir programas ou virus informáticos susceptibles de causar danos en equipos ou sistemas informáticos (ademais de en contidos do Sitio web), sexan cales sexan e con independencia da identidade dos seus respectivos propietarios.
  5. Non utilizar mecanismos distintos aos expresamente habilitados ou recomendados no Sitio web para a obtención das informacións, os contidos e as actividades que o integran, cando a devandita obtención sexa posible por ter sido autorizada ou estar permitida por LEROY MERLIN.
  6. Non enviar en ningún caso publicidade ou comunicacións comerciais de ningunha clase nin mensaxes electrónicas non solicitadas ou consentidas previamente polos seus destinatarios finais, xa se trate de mensaxes individuais ou de cadeas de mensaxes. Igualmente, non captar nin utilizar listas de distribución que puideran acabar por resultar accesibles dende o Sitio web, nin ceder por calquera título a terceiros as referidas listas ou os datos que estas conteñen, todo isto con independencia de cal sexa a finalidade perseguida.
  7. Non crear hipervínculos nin enlaces entre calquera páxina web, incluída a propia do Usuario, ou calquera outro sitio ou espazo accesible dende Internet e o Sitio web de LEROY MERLIN, agás se existe unha autorización expresa por escrito de LEROY MERLIN, suposto no que se aplicarán as condicións que se estableceran en cada caso. Se o Usuario incumpre o anterior, será o único e exclusivo responsable dos danos e prexuízos de todo tipo causados por tal motivo tanto a LEROY MERLIN como a terceiros.
  8. Non realizar actividades que, de calquera maneira, supoñan ou poidan supoñer un menoscabo ou prexuízo de calquera tipo para LEROY MERLIN.

Calquera incumprimento do aquí descrito facultará a LEROY MERLIN para denegar o acceso ao Sitio web ao Usuario infractor.

6. Propiedade intelectual e industrial. Copyright

Todos os dereitos de propiedade intelectual e industrial tanto dos elementos de todo tipo que integran o Sitio web (que son, a título unicamente enunciativo e non limitativo, deseños interactivos de pantalla, deseños gráficos, debuxos, planogramas, ficheiros de imaxe ou son, fotografías, infografías, interface de usuario, thesaurus, sistemas de indización, etc.), como das informacións xerais ou especializadas, as actividades e en xeral todos os contidos ofrecidos no devandito Sitio web, entre os que se inclúe o material didáctico, son de titularidade exclusiva de LEROY MERLIN ou ben LEROY MERLIN recibiu dos seus respectivos titulares licenza sobre eles.
LEROY MERLIN ten todos os dereitos reservados e non concede sobre eles ningunha licenza nin autorización de uso, coa seguinte excepción: unicamente respecto ao material didáctico dispoñible no Sitio web, permítese a súa utilización, coa facultade de reprodución e comunicación pública con fins docentes ou de investigación exclusivamente, sempre que se indiquen expresamente a fonte destes documentos, a súa autoría e a titularidade de LEROY MERLIN sobre eles.
Nos demais casos, o Usuario está obrigado a non vulnerar nunca os dereitos de propiedade intelectual e industrial de LEROY MERLIN, así como a dar ao Sitio web, cos seus diferentes elementos e contidos, unicamente usos privados. En consecuencia, salvante a citada excepción, o Usuario non poderá, a título unicamente enunciativo e non limitativo: utilizar o Sitio web con fins empresariais ou comerciais; ceder, reproducir, copiar, transformar ou distribuír de ningún xeito os elementos, informacións, servizos ou contidos que o integran; facilitar ou permitir o acceso por parte de terceiros aos devanditos elementos, informacións, servizos e contidos mediante a súa comunicación pública en calquera forma; eludir, suprimir, modificar ou manipular os dispositivos técnicos de protección do portal ou dos elementos que o integran; transformar ou modificar estes; nin suprimir, modificar ou manipular por calquera medio o copyright de LEROY MERLIN, con independencia de que os devanditos actos perturbadores afecten o símbolo ©, a palabra copyright, o ano de primeira publicación da obra, a denominación social de LEROY MERLIN, xa sexa conxunta ou separadamente, ou calquera outro elemento que dalgún xeito identifique os dereitos de propiedade intelectual de LEROY MERLIN.
O Usuario absterase de realizar calquera actividade que infrinxa os dereitos de propiedade intelectual e industrial de LEROY MERLIN, así como dos terceiros aos que se faga referencia no presente Sitio web. No caso de infracción dos devanditos dereitos, o Usuario do Sitio web deberá manter indemne a LEROY MERLIN respecto de todas as accións por reclamación de danos (xudiciais, extraxudiciais ou sancións administrativas) que lle poidan interpoñer por mor da infracción do Usuario.
Aos efectos anteriores, LEROY MERLIN fai expresa reserva fronte aos Usuarios e demais terceiros do exercicio de calquera acción que ampare os seus dereitos lexítimos de propiedade intelectual e industrial.

7. Réxime de responsabilidades

Sen prexuízo do recollido no resto do Aviso legal e das eventuais condicións particulares para o acceso e utilización do Sitio web, así como das informacións, contidos e actividades que forman parte del, infórmase ao Usuario de que o uso que faga deste Sitio web e da información publicada nel é exclusiva e enteiramente responsabilidade súa.
Así mesmo, infórmase ao Usuario de que nos seguintes supostos ou circunstancias, LEROY MERLIN quedará exento de responsabilidade, agás se existe dolo ou mala fe pola súa parte:

  • Danos e prexuízos que o Usuario poida sufrir por problemas de dispoñibilidade, puntualidade ou funcionamento do Sitio web ou de todos ou algúns dos seus elementos, informacións, servizos, contidos, etc.; pola falta de veracidade ou exactitude de calquera destes; ou por erros.
  • Danos e prexuízos que o Usuario poida sufrir a través de espazos de Internet, como páxinas web, accesibles mediante hipervínculos ou enlaces establecidos no Sitio web.
  • Danos e prexuízos por problemas de almacenamento ou de transmisión de calquera contido ou outro comunicado no Sitio web.
  • Danos e prexuízos orixinados pola perda de información dos Usuarios que, como consecuencia da utilización do Sitio web ou dos seus distintos elementos, poida estar eventualmente almacenada, por calquera circunstancia, ben nos seus sistemas informáticos, ben no Sitio web.
  • Danos e prexuízos sufridos polo Usuario como consecuencia dunha utilización do Sitio web pola súa parte contraria ao Aviso legal e as condicións particulares, ás disposicións legais ou ao costume e a orde pública.
  • Danos e prexuízos sufridos polo Usuario que teñan a súa orixe na falta de veracidade ou exactitude das informacións facilitadas ou as comunicacións realizadas por outros usuarios, ou no uso de identidades falsas por parte de calquera usuario, correspondan ou non a terceiros reais.
  • Danos e prexuízos causados polo Usuario a si mesmo ou a terceiros como consecuencia do uso de nomes de usuario e contrasinais de acceso que vulneren o disposto neste documento.
  • Danos e prexuízos relacionados con contidos creados polo Usuario que se consideren ou poidan chegar a considerarse ofensivos, vexatorios, inapropiados, obscenos, ilegais ou inaceptables para calquera usuario.
  • Danos e prexuízos ocasionados pola conduta de calquera usuario.
  • Danos e prexuízos ocasionados por calquera incumprimento por parte do Usuario do Aviso legal e as condicións particulares, e en especial en relación coas previsións establecidas para a obtención e o tratamento de datos de carácter persoal.

En virtude do anterior, LEROY MERLIN unicamente responderá dos danos que o Usuario poida sufrir como consecuencia da utilización do Sitio web cando estes danos sexan imputables a unha actuación dolosa por parte desta empresa.

En calquera caso e na medida permitida pola lei aplicable, LEROY MERLIN, as empresas do seu grupo, as subsidiarias, os afiliados, as empresas relacionadas, os oficiais, os empregados, os axentes, os representantes, os socios e os cedentes non serán responsables dos danos indirectos, incidentais, especiais, consecuentes ou punitivos, ou da perda de beneficios ou ganancias, xa sexan directos ou indirectos, nin de calquera perda de datos, uso ou boa vontade, ou outras perdas intanxibles como resultado de: (i) o seu acceso ao Sitio web, o seu uso del ou a imposibilidade de acceder a el ou utilizalo; (ii) calquera contido ou conduta de calquera usuario ou terceiro, incluídos, entre outros, calquera acto ofensivo ou de difamación ou calquera acto ilegal; e (iii) o acceso, o uso ou a alteración non autorizados das súas transmisións ou o seu contido.

LEROY MERLIN non se fai responsable dos prexuízos que se puideran derivar de, con carácter unicamente enunciativo e non limitativo: (i) interferencias, omisións, interrupcións, virus informáticos, avarías ou desconexións que afecten ao funcionamento operativo deste sistema electrónico ou aos aparellos e equipos informáticos dos Usuarios, motivados por causas alleas a LEROY MERLIN, que impidan ou retarden a navegación polo Sitio web; (ii) retardos ou bloqueos no uso causados por deficiencias ou sobrecargas de Internet ou outros sistemas electrónicos; (iii) intromisións ilexítimas de terceiras persoas fóra do control do Sitio web que non sexan atribuíbles a LEROY MERLIN; (iv) a imposibilidade de dar servizo ou permitir o acceso por causas non imputables a LEROY MERLIN, senón ao Usuario, a terceiros ou a supostos de forza maior ou fortuítos.

LEROY MERLIN xeralmente non controla a utilización que os Usuarios fan do Sitio web. En particular, LEROY MERLIN non garante en ningunha circunstancia que os Usuarios utilicen o servizo de conformidade coa lei, as presentes condicións xerais, as condicións particulares, a moral, os bos costumes xeralmente aceptados e a orde pública, nin tampouco que o fagan de xeito dilixente e prudente.

LEROY MERLIN non garante que os enlaces a outras páxinas web (links ou frames) que poidan existir sexan exactos ou correctos no momento en que o Usuario do Sitio web decida utilizalos. LEROY MERLIN non asumirá ningunha clase de dano, perda ou prexuízo, directa ou indirecta, derivada da información, opinión, contidos, aplicacións, produtos ou servizos que puideran ofrecerse ou visualizarse nas páxinas web responsabilidade de terceiros ou colaboradores alleos a LEROY MERLIN ás que se puidera ter accedido a través dos enlaces recollidos no presente Sitio web.

LEROY MERLIN non ten coñecemento efectivo de que a actividade ou a información ás que remiten os enlaces localizados no Sitio web sexan ilícitas ou lesionen bens ou dereitos de terceiros susceptibles de indemnización. Se LEROY MERLIN ten coñecemento dalgún contido ilícito ou que cause lesións segundo o indicado anteriormente, actuará con dilixencia para suprimir ou inutilizar o enlace correspondente. Así mesmo, se algún Usuario do Sitio web ten coñecemento efectivo dalgún enlace situado no presente Sitio web que remita a algún contido ilícito ou que lesione bens ou dereitos de terceiros, deberá comunicalo a LEROY MERLIN para que este poida actuar en consecuencia.

LEROY MERLIN reserva o dereito de modificar en calquera momento a súa Política de privacidade de datos, coa antelación que razoablemente se poida esperar, co gallo de adaptala aos cambios lexislativos, xudiciais ou xurisprudenciais que poidan afectala, así como ás prácticas da industria.

10. Comunicacións

Todas as comunicacións que o Usuario deba facer a LEROY MERLIN, con independencia de que se deban ao disposto no Aviso legal ou a calquera outra circunstancia na que estean previstas ou sexan necesarias, e sen prexuízo do disposto na condición relativa aos datos de carácter persoal, deberá dirixilas ao enderezo de correo electrónico info@hazloverde.es.
Do mesmo xeito, calquera comunicación que LEROY MERLIN deba facer ao Usuario deberá dirixila ao enderezo de correo electrónico facilitado por este. Considérase que o Usuario facilitou, voluntariamente e conforme ao previsto neste Aviso legal, o seu enderezo de correo electrónico simplemente para poder comunicarse con LEROY MERLIN por ese medio.

11. Información xeral

Os encabezamentos das distintas cláusulas son só informativos e non afectarán, cualificarán nin ampliarán a interpretación do Aviso legal. No caso de existir discrepancias entre o establecido neste Aviso legal e as condicións particulares, prevalecerá o disposto nestas últimas.
No caso de que calquera disposición deste Aviso legal fose considerada nula ou inaplicable, na súa totalidade ou en parte, por calquera xulgado, tribunal ou órgano administrativo competente, esta decisión non afectará ás outras disposicións do Aviso legal.
O feito de que LEROY MERLIN non exerza ou non execute calquera dereito ou disposición deste Aviso legal non constituirá unha renuncia a ela, excepto recoñecemento e acordo por escrito pola súa parte.

12. Lexislación e xurisdición aplicable

As relacións establecidas entre LEROY MERLIN e o Usuario rexeranse polo disposto na normativa española vixente. LEROY MERLIN e o Usuario, con renuncia expresa a calquera outro foro que puidera corresponderlles, someteranse, sexa cal sexa a controversia ou o litixio, ao coñecemento dos Xulgados e Tribunais da cidade de Madrid.