O programa educativo de Leroy Merlin cumpre 10 anos impulsando a sustentabilidade e a acción ecosocial nas aulas de toda España.
O seu obxectivo é sensibilizar os escolares de 6 a 16 anos sobre hábitos sustentábeis comezando polo máis próximo: a súa aula, o seu barrio, a súa comunidade. Porque para coidar o planeta, non fai falta ir moi lonxe: o cambio empeza na casa… e multiplícase na contorna.
Hazlo Verde ofrece materiais didácticos gratuítos adaptados á LOMLOE para Primaria, Secundaria e FP Básica, ademais de obradoiros ambientais, un escape room educativo en formato Genially e retos mensuais para que o alumnado deseñe ideas con impacto.
As clases poden participar nun Concurso Escolar nacional con premios mensuais de 300 € para a clase, celebrando as ideas máis creativas e transformadoras.
Porque cando o cambio empeza na aula… pode transformar todo o barrio.